PROYECTO CERNÍCALO PRIMILLA EN TRUJILLO

O lagarteiro buxarelo (das torres), especie xa instinta nalgúns países, sofre unha seria recesión na península ibérica. En Trujillo, localidade da provincia de Cáceres, a poboación de lagarteiros buxarelos (das torres) ou “micáles”, como se lles chama familiarmente na localidade, padece problemas comúns como son : a perda do seu hábitat de alimentación, polos cambios e abandonos de cultivos, perdas de alimentos ( polos insecticidas); outro claro factor é o forzado desprazamento da colonia polas grallas e pombas cara a praza de touros; tamén as molestias humanas como son o peche dos seus nichales ou buratos na parede, e as restauracións dos tellados coa conseguinte perda do seu hábitat baixo tella, sitio preferido pola especie.

O lagarteiro buxarelo (das torres) é unha rapaz, un pequeno falcón urbano, de 27/33 cm. de lonxitude, unha envergadura de 58/74 cm. e un peso de 150/180 gr. O macho, menor que a femia, ten cabeza azulada, dorso pardo-avermellado e cola gris-azulada. As partes inferiores son de cor leonado avermellado con moteado negro.
Femias e mozos con cabeza e dorso marrón-ferroso moteado en pardo-escuro, do mesmo xeito que as ás e cola, por baixo cor crema con fino raiado en pardo-escuro que se intensifica cara ao peito. Gorxa clara. Banda ancha subterminal, no cola, pardo-escura, con fino bordo branco; puntas de ás mais escuras.
Para ambolos dous sexos: anel ocular, cera do pico e patas amarelo-naranxadas. Pico gris-brancuzco, máis escuro na punta, negro, aclarándose cara á base. Iris pardo-marrón. Uñas brancas.
Lagarteiro buxarelo (das torres) e Lagarteiro vulgar. Algunhas diferenzas.
O vulgar (peneireiro) ten menor tamaño, as súas uñas son negras, mentres que as do buxarelo son claras.
O macho buxarelo ten o dorso e a cabeza limpos e estriados, o vulgar tenos moteados.
Fazulas grises no buxarelo, branquecinas no peneireiro.
A cola do buxarelo é gris sen barras, con tenues barras no vulgar.
Aliméntanse de pequenos micro mamíferos, salltóns, grilos, etc. Caza chimpándose en caída encol da súa presa, tanto no chan como no aire.
Chegan a Trujillo dende África durante o mes de febreiro. Primeiro fanno os machos e nun par de semanas chegan as femias, comezan a ocupar buratos ou nichales en pazos e edificios históricos, como a Casa de Escobar, e en diversos tellados do casco urbano da cidade; tamén é moi importante a colonia de San Francisco, pero a maior de todas atópase na Praza de Touros de Trujillo. O cortexo comeza en abril e na segunda semana de xuño escomenzamos a ver os poliños saír a tomar o Sol e a comer as presas que lles traen os seus pais.
A mediados de xullo os lagarteiros (das torres) comezan a irense dormideiros fóra da cidade para logo emprender a gran viaxe de invernada ao África tropical.
Catalogada coma especie sensible á alteración do seu hábitat en Estremadura (C.R.E.A.). A Ley de Caza impón 601€ de multa pola a morte ou destrución dos niños ou dos seus ovos. Está prohibida a súa venda, importación e exportación, caza, exhibición, utilización de velenos, tenenza, tráfico e comercio de exemplares de lagarteiro buxarelo (das torres).
O noso comportamento ante a especie é fundamental para que evolucione con éxito e nun futuro achegado, deixe de ser unha especie ameazada. Para iso debemos pór en práctica actuacións previstas pola “Dirección General de Medio Ambiente” dentro do Plan de Conservación do Hábitat do Lagarteiro Buxarelo (das torres) en Estremadura, como son: observar e comprobar novos emprazamentos da especie, evitar molestias nas zonas de nidificación, denunciar a caza ilegal e a explotación de niños.
Se ademais se fan obras nos tellados onde hai colonias, non facelo na época de reprodución da especie (dende febreiro ata agosto ou setembro), propor o facer caixas-niños como un beneficio para a especie e para o seu tellado e evitar tapar buratos que non afecten á estrutura do edificio.
Se nos atopamos un exemplar ferido debemos colocarnos ás súas costas, cubrilo cunha manta ou pano, manterlle pregadas as ás e, sen porlle comida nin bebida ( se non van pasar mais de 12 horas ata a súa recollida), metelo nunha caixa con buracos e chamar urxentemente ao Centro de Recuperación mais achegado, neste caso a “Los Hornos” tfono. 900351858.
Sería desexable evitar no posible o uso de insecticidas e herbicidas, queimar rastrollos, respectar as lindes e beiravías, evitar a perda de cultivos de secano e a reforestación con especies non autóctonas.
Agradecemos calquera tipo de colaboración a toda persoa que poida axudar á conservación desta especie e do seu contorno.